Esta é, na miña opinión, unha das cancións máis fermosas do grupo Luar na Lubre. A letra é de Xabier Cordal e reflicte toda a dor, o desconcerto e o sentimento de rebeldía que despertou o desastre do Prestige no noso país.
Nestes días no que o Prestige volve a estar de actualidade nos medios de comunicación, paréceme importante recordar o que pasou. Como di a canción: non nos afundiremos NUNCA MÁIS!!!
A Ciencia non é estática. Como mostra, un botón. Aquí podedes ler un artigo sobre as grandes rectificacións dos científicos máis famosos. ¿Que opinades, 1+1 sempre son dous?